Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTA.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTA.. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2020

DÍA DOS OCÉANOS


O 8 de xuño celébrase o Día dos Océanos e, con tal fin,veñen de publicar, na plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde”, cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Familia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo.
Son as seguintes: • Mapa do tesouro. • Animais en perigo polo plástico. • Protexendo as aves. • Os restos da merenda.
Esperamos que vos gusten.


A familia Trebón.

Merenda mariña.


VÍDEO SOBRE COMPOSTAXE

DESPLASTIFÍCATE



Con esta campaña, enmarcada no Día Mundial do Medio Ambiente, Sogama pretende axudar aos cidadáns a retomar os bos hábitos previos á crise sanitaria do COVID-19 e ata a reforzalos para avanzar na senda da sostibilidade.
Durante a etapa de confinamento, e debido á imperiosa necesidade de distanciar no tempo a compra de produtos básicos, priorizouse a adquisición de artigos sobreenvasados co fin de garantir a súa correcta conservación.
Unha vez que camiñamos cara á normalidade, deben impoñerse as boas prácticas orientadas á redución da produción de lixo, prescindindo dos envases e embalaxes superfluos.

ANEXO.

CADERNO DE BITÁCORA


Os océanos, verdadeiros pulmóns do planeta, están enfermos debido á elevada presión humana á que se someten cada día. Contemplámolos, gozámolos, pero en moitas ocasións ignoramos o que realmente sucede nas súas entrañas:  inxentes cantidades de residuos, fundamentalmente plásticos, que circulan polas súas profundidades e superficie arrastrados polas correntes e que están a ocasionar un grave impacto sobre os ecosistemas mariños, a fauna e nosa propia vida.

SOSTIBILIDADE DOS OCÉANOS( pincha na imaxe)

ANEXO.

lunes, 8 de junio de 2020

viernes, 8 de mayo de 2020

RECICLA CON SOGAMA. RECURSOS


1. No marco do Día Internacional da Reciclaxe, que terá lugar este domingo, 17 de maio, lánzase unha campaña “A reciclaxe sempre é #Trending Topic na nosa terra” dirixida aos máis novos.

A través de distintos soportes online tales como carteis, gifs e vídeos animados, e utilizando o argot propio dos nativos dixitais, a iniciativa nútrese con mensaxes atractivas e dinámicas nas que se pon en valor a práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).



http://www.sogama.gal/gl/campanha/reciclaxe-sempre-e-trending-topic-na-nosa-terra




2. JUEGOS INTERACTIVOS ESCOLARES.




3. CADERNO VERDE é un dos múltiples proxectos que dedica Sogama á divulgación da conciencia ecolóxica.
O Caderno Verde suma novos recursos á longa traxectoria de actuacións educativas de Sogama. Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo son ‘Os amigos de Vilaverde’ que nos acompañan nunha nova aventura de aprendizaxe ambiental. As actividades propostas queren xungir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade. Cada ficha dos amigos de Vilaverde está pensada como material de axuda para as aulas do primeiro ciclo de primaria e abranguerán as grandes áreas de coñecemento desta etapa educativa. Ademais, o Caderno Verde inclúe os eco-contos da familia Trebón, destinados á etapa da Educación Infantil, así como diversas actividades en liña e descargables. O Caderno Verde conta coa colaboración de Botóns – Portal Galego de Educación.




4. RECOLLIDA SELECTIVA. Nesta ligazón tedes tamén un manual de boas prácticas e microvídeos dos distintos contedores de recollida selectiva, especificando o que pode e non pode depositarse nos mesmos 



MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS.
Prácticas sinxelas e asequibles con grandes beneficios ambientais, económicos e sociais só alcanzables coa túa colaboración e a de todos.

lunes, 4 de mayo de 2020

CIENTÍFICAS PASADO, PRESENTE y FUTURO. DONAS DE SI.

“Científicas: pasado, presente y futuro” es una actividad de teatro científico dirigida a niñas y niños de entre 8 y 14 años que lleva representándose desde 2016, principalmente en Sevilla, pero también en otros puntos de España. Es una idea original de Francisco Vega, en la que cinco investigadoras de la Universidad de Sevilla dan vida a cinco investigadoras del pasado, para después hablarles de su vida como científicas e invitarles a formar parte del apasionante mundo de la ciencia. Con esta obra pretenden resaltar la importancia de la ciencia, incentivar vocaciones científicas y visualizar el papel de la mujer en la ciencia. En especial, se pretende acercar a las niñas a este mundo, ofreciéndoles referentes en los que puedan sentirse reflejadas. Una de las mejores formas de reducir la poca presencia femenina en las profesiones relacionadas con las STEM es dar visibilidad a la labor que han realizado y realizan muchas mujeres en estos campos: «si ellas lo hicieron, si ellas lo hacen, yo también puedo hacerlo».


CÓMIC

viernes, 1 de mayo de 2020

APRENDE COAS MULLERES GALEGAS. DONAS DE SI

Para poder levar a cabo o programa "DONAS DE SI", que forma parte do Proxecta 2020, xuntase o enlace e o documento que recolle a actividade de visibilización de mulleres galegas de especial relevancia, para continuar coa promoción da igualdade e a eliminación dos estereotipos. Trátase dunhas actividades sinxelas para alumnado.

Cada tres días aproximadamente publicarase unha nova ficha dedicada a outra muller. Cada ficha terá un resumo bibliográfico e logo unhas actividades.
Estarán publicadas na páxina web da Secretaría xeral da Igualdade e nas RRSS de igualdade (Twitter, facebook e Instagram).








.
Adxuntamos as dúas primeiras fichas:


 Maruja Mallo.

 María Victoria Moreno.




ALIMÉNTATE BEN E PDC

A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”. Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación primaria a a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.
É fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas.