martes, 16 de junio de 2020

DÍA DOS OCÉANOS


O 8 de xuño celébrase o Día dos Océanos e, con tal fin,veñen de publicar, na plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde”, cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Familia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo.
Son as seguintes: • Mapa do tesouro. • Animais en perigo polo plástico. • Protexendo as aves. • Os restos da merenda.
Esperamos que vos gusten.


A familia Trebón.

Merenda mariña.


VÍDEO SOBRE COMPOSTAXE

DESPLASTIFÍCATE



Con esta campaña, enmarcada no Día Mundial do Medio Ambiente, Sogama pretende axudar aos cidadáns a retomar os bos hábitos previos á crise sanitaria do COVID-19 e ata a reforzalos para avanzar na senda da sostibilidade.
Durante a etapa de confinamento, e debido á imperiosa necesidade de distanciar no tempo a compra de produtos básicos, priorizouse a adquisición de artigos sobreenvasados co fin de garantir a súa correcta conservación.
Unha vez que camiñamos cara á normalidade, deben impoñerse as boas prácticas orientadas á redución da produción de lixo, prescindindo dos envases e embalaxes superfluos.

ANEXO.