viernes, 30 de marzo de 2012

FERRAMENTAS EN ORIENTACIÓN.

O Blog como ferramenta na Orientación Educativa

Daniel Veiga Martínez

Departamento de Orientación
I.E.S. “García Barbón” Verín –Ourense

Neste artigo quero facer referencia ao gran traballo levado a cabo polo Departamento de Orientación de IES García Barbón de Verín.
Nel podemos ver como foron pioneiros na implantación das novas tecnoloxías no traballo docente diario, posibilitando a participación dos alumnos e alumnas e dos mestres; estes tiñan en mente a importancia de un cambio de metodoloxía na educación a partires de un gran traballo en equipo.
Resultame interesante destacar o apartado no que se refiren ás aportacións pedagóxicas do uso educativo do blog e na que destacan que:
1.      Posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado.
2.      Aporta unha dose de motivación engadida para as aprendizaxes del ectura e escritura. Permite a formación audiovisual.
3.      O alumno/a é o protagonista do seu blog e a publicacn inmediata reforza a sensación de éxito.
4.       Axuda na creación de redes virtuais deaula (nas ligazóns do blog poden incorporar os blogs dos compañeiros/as).
5.      Iniciamos ó alumno/a nas aprendizaxes específicas para organizar,compartir –comunicarse- e traballar coa información.
6.      O blog reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas (caderno virtual)
En definitiva, o blog pode ser un espacio de aprendizaxe que responda ás necesidades educativas dos nosos/as alumnos/as. O blog é unha ferramenta multiuso que nos permite variadas aplicacións pedagóxicas (VEIGA, 2006)


http://es.scribd.com/doc/6854/O-Blog-como-ferramenta-na-Orientacion-Educativa

No hay comentarios:

Publicar un comentario