lunes, 18 de mayo de 2020

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL 3 ANOS

DISCRIMINACIÓN A-O

O exercicio consiste en presentar as tarxetas que encontramos, de forma pareada, nombrándoas en principio, facendo que as repitan, para posteriormente preguntar a que palabra corresponde cada unha das tarxetas.

EXEMPLO: “Vou mostrar agora dúas tarxetas, pala e mala”. Repetimos tod@s “pala” e “mala”. Agora pregunto: ¿cal é “mala”? Cada un/unha sinalará a tarxeta correspondente. E, ¿cal é “pala”? Volverá a sinalar.











XOGO DE SOPLO 


Necesitamos:

    - 3 vasos de plástico
    - 1 globo

1.- Poñemos os tres vasos de plástico cara arriba nunha superfie plana  (nunha mesa, escritorio,...)

2.- Co globo na boca, e as mans na espalda, metemos o globo dentro do primeiro vaso de plástico e o inflamos até que
poidamos coller o vaso só co globo inflado.

3.- Desplazamos o vaso xunto co globo cara outro lado ou superficie, antes disposta.

4.- Gaña o que desprace máis vasos de plástico sen que se lle caia ningún.

A este xogo poden participar mamá, papá, un/unha irmá/n,...

Déixovos un vídeo para que vexades un exemplo. (Xogan con catro vasos, con tres, se xoga só, é suficiente)



https://drive.google.com/open?id=1vQgl8aOFSTHKO37F44svIdlGMhnddyPA

A PASALO BEN!!!  



CORTO ANIMADO 

 E por último, pinchade na imaxe para ver este corto. Xa me contarás qué vos pareceu!!


https://www.youtube.com/watch?v=OczEHXRU9WU&list=PLHr42J3X9GxzTFYFiMDvYpqoHaGMw13OS&index=8



No hay comentarios:

Publicar un comentario