viernes, 8 de mayo de 2020

RECICLA CON SOGAMA. RECURSOS


1. No marco do Día Internacional da Reciclaxe, que terá lugar este domingo, 17 de maio, lánzase unha campaña A reciclaxe sempre é #Trending Topic na nosa terra dirixida aos máis novos.

A través de distintos soportes online tales como carteis, gifs e vídeos animados, e utilizando o argot propio dos nativos dixitais, a iniciativa nútrese con mensaxes atractivas e dinámicas nas que se pon en valor a práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).



http://www.sogama.gal/gl/campanha/reciclaxe-sempre-e-trending-topic-na-nosa-terra




2. JUEGOS INTERACTIVOS ESCOLARES.




3. CADERNO VERDE é un dos múltiples proxectos que dedica Sogama á divulgación da conciencia ecolóxica.
O Caderno Verde suma novos recursos á longa traxectoria de actuacións educativas de Sogama. Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo son ‘Os amigos de Vilaverde’ que nos acompañan nunha nova aventura de aprendizaxe ambiental. As actividades propostas queren xungir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade. Cada ficha dos amigos de Vilaverde está pensada como material de axuda para as aulas do primeiro ciclo de primaria e abranguerán as grandes áreas de coñecemento desta etapa educativa. Ademais, o Caderno Verde inclúe os eco-contos da familia Trebón, destinados á etapa da Educación Infantil, así como diversas actividades en liña e descargables. O Caderno Verde conta coa colaboración de Botóns – Portal Galego de Educación.




4. RECOLLIDA SELECTIVA. Nesta ligazón tedes tamén un manual de boas prácticas e microvídeos dos distintos contedores de recollida selectiva, especificando o que pode e non pode depositarse nos mesmos 



MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS.
Prácticas sinxelas e asequibles con grandes beneficios ambientais, económicos e sociais só alcanzables coa túa colaboración e a de todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario